Sábado. 27.04.2024

Estas eleccións certificaron unha vez máis o sentir do pobo galego que actúa en chave conservadora. Pero sendo como somos un pobo diferenciado, ese aparente voto conservador que se traduce no voto maioritario ao PP non é un voto razoado por ser este un partido de dereitas. Vaia por diante que a decisión de votar a unha ou outra opción política non so está nas impresións subxectivas, nas campañas persuasivas ou mensaxes emocionais. Xoga un papel fundamental a transmisión da confianza. É nesta parte onde o pobo galego se mostra conservador por natureza, non aventura o seu voto porque sí…de ahí que o PP rendabilizou ben a confianza do seu electorado a pesar de ter un candidato que non era o máis coñecido, pero a marca PP si ofrece unha confianza a un moi amplo electorado.

Outro beneficiado pola confianza ofrecida foi o BNG que traballou moi ben a imaxe da candidata, ao tempo que reducía o logo a imperceptible nos carteis, e esta era a máis coñecida de todas as forzas políticas que se presentaron. O PSOE foi castigado polos dous condicionantes principais, candidato menos coñecido e proxecto político fracturado. Volvemos a estar no mesmo resultado do ano 2001, onde o PP tivo nesa ocasión 791.885 votos, e agora as tres dereitas (PP, VoX, DO) 748.296 votos. A esquerda (BNG,PSOE, e os grupos afíns) tiveron no 2001 un total de 691.673 votos, fronte aos actuais 702.936 votos.

Levamos 6 lexislaturas cos resultados electorais practicamente iguais no Parlamento de Galicia a excepción dunha lexislatura de goberno alternativo pero sen apenas moverse a correlación de forzas electorais. Toca pois remangarse e poñernos todas as persoas conscientes da necesidade dun proxecto de País, galeguista, conservador e de centro transversal baseado nos valores intrínsecos de Galicia, toca arrimar ombreiro co Partido Galego, que leva catro anos implantando proxecto nos concellos. D

ebemos pasar páxina de experimentos do estilo do presentado as Eleccións galegas do 2020 coa coalición que etiquetaron como galeguista, formada por En Marea, CxG e o Partido Galeguista, que tivo uns resultados anecdóticos, toda vez que En Marea viña de ser o primeiro partido da oposición no Parlamento Galego, acadando desta volta 2.883 votos, co 0.22%.

Nas presentes eleccións, outra proba de coalición auto cualificada de galeguista e formada sobre todo por xente ex_psoe da que participaron 5 grupos (EC, GS, CxG, CG e UL), o resultado foi incluso peor, quedando en 1.540 votos, co 0,10% No Partido Galego, decidiuse por proposta das bases das Agrupacións Locais que aínda non era o momento de presentarse a este tipo de eleccións. Estamos nun proceso de avance, de constitución de novas Agrupacións por toda Galicia e que primeiro toca sentar as bases nos concellos.

Traballamos para conseguir as dúas normas enunciadas no principio consolidar o Partido Galego como marca recoñecida por todo o electorado e o mellor proxecto solvente, na estrutura, garantía democrática, con un corpo social firme, traballando todos na mesma dirección e coa meta de servir a Galicia como o seu partido, o partido da esencia de País, do sentidiño, do galeguismo de sentimento, estamos para activar este pobo, para facelo rexurdir, sentirse orgulloso de seu, da súa historia e das capacidades do seu futuro.