Xoves. 08.12.2022
Foi un fito histórico que situou a Astano entre os mellores astilleiros do mundo

Unha exposición conmemora os 50 anos da botadura do buque xigante 'Arteaga' en Ferrolterra

Maqueta do petroleiro 'Arteaga' en Exponav
Maqueta do petroleiro 'Arteaga' que se poderá ver a partir de mañá no Museo da Costrución Naval de Ferrol

Xa pasaron cincuenta anos desde a botadura do buque petroleiro Arteaga que supuxo un fito histórico da construcción naval e para a comarca de Ferrolterra, que situou a Astano entre os mellores astilleiros do mundo. Para conmemorar este aniversario, a Fundación Exponav inaugura este xoves, 21 de abril, no Museo da Contrución Naval de Ferrol a exposición Arteaga. A botadura dun xigante, xa que por aquel entón foi o buque máis grande botado en grada.

A Sala Carlos III do Edificio de Herrerías abrirá a mostra cunha mesa redonda (19.00 horas) na que tomarán parte cinco dos técnicos protagonistas daquel proxecto: José García Díaz (responsable de métodos de soldadura), Alfonso García Ascaso (xefe do departamento técnico de ofertas e contratos), Rafael Montero Baquedano (responsable de montaxe da Grúa Pórtico), Emilio Sánchez Jiménez (xefe de estruturas do departamento de calidade) e Amable Dopico Freire (enxeñeiro de Gradas) e que recordarán aos asistentes á inauguración da exposición como desenvolveuse a construción e a botadura do buque. O enxeñeiro José María de Juan, colaborador da Fundación Exponav, encargarase de moderar a mesa.

Os visitantes que acudan á exposición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de maio, poderán coñecer a través de paneis descritivos , maquetas do astilleiro fenés, do buque e outros elementos toda a información sobre o Arteaga, tanto no referente á tecnoloxía como ao factor humano da súa construción e que situou a Astano no cumio dos mellores astilleiros do mundo.

Os interesados en visitar a exposición, ata o 15 de maio, poden acudir ao Museo da Construción Naval de martes a venres de 10.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, os sábados de 11.00 a 19.00 horas e os domingo de 11.00 a 15.00 horas. 

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade