Martes. 14.05.2024

Os gandeiros e gandeiras galegos están de noraboa, a calidade do seu produto foi premiado de novo nos VII Premios Exceleite en Santiago de Compostela, nunha gala á que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O sector lácteo é clave á hora de consolidar a Galicia como unha potencia leiteira, que aposta pola excelencia e a produción sustentable. Rueda explicou que “o sector lácteo é clave para a Comunidade e un dos principais motores da economía no rural. Grazas a vós o noso leite ten esa sona internacional tan ben gañada fóra de Galicia”.

No acto destacaron que Galicia é a comunidade na que máis medrou a produción de leite nos últimos catro anos, que xa concentra arredor do 42 % da produción de toda España e que as explotacións galegas son cada día máis competitivas. Galicia é a única de toda España na que aumentou o rendemento medio das granxas de todos os estratos de produción desde 2018.

O presidente da Xunta animou a seguir apostando pola modernización e sustentabilidade das explotacións gandeiras para garantir o mantemento da excelencia que caracteriza ao leite galego.

 

Listado de ganadores:

Gandaría extensiva:

  • Pequeno tamaño:

    • Exceleite de ouro: Rubén Domínguez Estraviz, Aranga.

    • Exceleite de prata: Granjas Costeiro S.L., Paradela

  • Mediano tamaño:

    • Exceleite de ouro: Tallón Lobato, S.C., Vedra.

    • Exceleite de prata: Beatriz López Fernández, Cospeito.

  • Gran tamaño:

    • Exceleite de ouro: Gandaría Sinesi, S.C., Vedra.

    • Exceleite de prata: Casa Menor 1614, S.L., Samos.

Gandaría semiextensiva:

  • Pequeno tamaño:

    • Exceleite de ouro: Ganadería Leumas, S.C., A Pastoriza.

    • Exceleite de prata: Gandaría Guerra-Gavieiro, S.C., Toques.

  • Mediano tamaño:

    • Exceleite de ouro: María Rosa Bardanca Fraga, Val do Dubra.

    • Exceleite de prata: Casa e Rita, S.C., Vilalba.

  • Gran tamaño:

    • Exceleite de ouro: Gandaría Casa Landeira de Oca, S.C., Trazo.

    • Exceleite de prata: Gandaría Celoiras, S.L., Samos.

Gandaría intensiva:

  • Pequeno tamaño:

    • Exceleite de ouro: Concepción García Pereira, Frades.

    • Exceleite de prata: Marina Amado Aguiar, Vilalba.

  • Mediano tamaño:

    • Exceleite de ouro: María del Carmen Barrán Santiso, O Pino.

    • Exceleite de prata: Gandaría Revolta, S.C., Aranga.

  • Gran tamaño:

    • Exceleite de ouro: Casa Martiño, S.C., Sarria.

    • Exceleite de prata: Antonio Sufuentes Castro, Guntín.


 

Gandaría ecolóxica

    • Exceleite de ouro: Casa Codesal, S.L., Friol.

    • Exceleite de prata: Granxa Ecolóxica Figueroa, S.C., Arzúa.