Mércores. 08.05.2024

A socialista Pilar Cancela, será nomeada nova secretaria de Migracións polo Consello de Ministros do próximo martes. A reoorganización da actual ministra Elma Saiz, leva Pilar Cancela ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Nomeamento que conta co aval de Pedro Sánchez.

Actualmente Pilar Cancela é secretaria de Estado de Cooperación Internacional, nomeada no Consello de Ministros celebrado o 20 de xullo de 2021.

Anteriormente, en 2015, foi elixida deputada pola Coruña no Congreso, sendo reelixida no 2016. En setembro do mesmo ano foi elixida presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso.

Presidiu a subcomisión creada dentro da Comisión de Igualdade para a elaboración do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, aprobado en setembro de 2017.

Foi coordinadora das primeiras de Pedro Sánchez en Galicia de 2017, Pilar estuvo no núcleo más cercano a Pedro, sobre todo logo da dimisión forzada polo aparato do partido no famoso 1 de Octubre do 2016. É importante recordar que o actual aparato do PsdG, estivo apoiando a Susana Díaz e Patxi López.

Persoa afable e leal a Pedro Sánchez, seguramente unha das persoas de máxima confianza a Pedro Sánchez en Galicia. Ata o momento, será a única galega no seu goberno.

CANCELA: SEMPRE LIGADA AO SOCIALISMO GALEGO

Nada en Stuttgart (Alemaña), Pilar Cancela Rodríguez é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993 e é técnica superior en Prevención de Riscos Laborais (2006). Foi directora xeral de Relacións Laborais na Xunta de Galicia en dúas ocasións, en 2003 e no 2005-2009. Ademais, foi deputada polo PSdeG-PSOE nas Cortes Xerais desde 2016 ata a actualidade, pola provincia da Coruña. Desde entón, presidiu a Comisión de Igualdade do Congreso e a Comisión de Seguimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. Foi Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE (Galicia) e presidenta da Xestora. Desde xuño de 2017, forma parte da Comisión Executiva Federal do PSOE como responsable da área de Políticas Migratorias e PSOE-Exterior. É ademais patroa na Fundación Pablo Iglesias.