Con esta actividade nace o 'Foro Edulab' impulsado polo pedagogo santiagués Antonio Reyes

Máis de 250 docentes debaten en PREMIR sobre o uso de dispositivos móbiles na aula

O pedagogo compostelán Antonio Reyes impulsor do 'Foro Edulab', laboratorio de ideas educativas innovadoras

Máis de 250 docentes debatirán, mañá xoves 22 de febreiro no centro de Santiago do Grupo PREMIR, sobre o uso das pantallas nas aulas. Unha actividade que xurde ante o aumento dos movementos antipatallas e que supón o pistoletazo de saída ao Foro Edulab, laboratorio de ideas educativas innovadoras que nace por iniciativa do pedagogo compostelán de PREMIR Antonio Reyes tras a distinción recibida polo xigante Apple como un dos mellores docentes do mundo no uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), e co obxectivo de promover o intercambio de ideas, preocupaciones, iniciativas, experiencias e coñecementos esenciais no eido educativo.

Esta primeira edición, poñerá sobre a mesa un dos temas máis candentes do momento: o uso dos dispositivos móbiles na aula; e contará coa participación de diferentes docentes e pedagogos, entre os que destaca a intervención de Rubén Benet, Apple Professional Learning Leader Spain, entre outros expertos. Espérase que este intercambio de ideas ofreza perspectivas críticas sobre como a tecnoloxía pode integrarse de forma efectiva e razoable nos procesos de ensino e aprendizaxe, abordando as preocupacións actuais sobre o seu uso no eido educativo.

A masterclass sobre TIC en educación non só promete ser un foro de discusión sobre o futuro do ensino e a aprendizaxe na era dixital, senón que tamén representa unha ocasión excepcional para que docentes, opositores e profesionais da educación actualicen os seus coñecementos sobre as ferramentas e metodoloxías máis avanzadas no campo da educación dixital.

O Foro Edulab preséntase como unha plataforma ideal para compartir experiencias, estratexias e prácticas innovadoras no uso da tecnoloxía na aula, subliñando a importancia de adaptarse ás necesidades cambiantes da contorna educativa moderna.