Sábado. 27.04.2024

Máis de 250 docentes debatirán, mañá xoves 22 de febreiro no centro de Santiago do Grupo PREMIR, sobre o uso das pantallas nas aulas. Unha actividade que xurde ante o aumento dos movementos antipatallas e que supón o pistoletazo de saída ao Foro Edulab, laboratorio de ideas educativas innovadoras que nace por iniciativa do pedagogo compostelán de PREMIR Antonio Reyes tras a distinción recibida polo xigante Apple como un dos mellores docentes do mundo no uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), e co obxectivo de promover o intercambio de ideas, preocupaciones, iniciativas, experiencias e coñecementos esenciais no eido educativo.

Esta primeira edición, poñerá sobre a mesa un dos temas máis candentes do momento: o uso dos dispositivos móbiles na aula; e contará coa participación de diferentes docentes e pedagogos, entre os que destaca a intervención de Rubén Benet, Apple Professional Learning Leader Spain, entre outros expertos. Espérase que este intercambio de ideas ofreza perspectivas críticas sobre como a tecnoloxía pode integrarse de forma efectiva e razoable nos procesos de ensino e aprendizaxe, abordando as preocupacións actuais sobre o seu uso no eido educativo.

A masterclass sobre TIC en educación non só promete ser un foro de discusión sobre o futuro do ensino e a aprendizaxe na era dixital, senón que tamén representa unha ocasión excepcional para que docentes, opositores e profesionais da educación actualicen os seus coñecementos sobre as ferramentas e metodoloxías máis avanzadas no campo da educación dixital.

O Foro Edulab preséntase como unha plataforma ideal para compartir experiencias, estratexias e prácticas innovadoras no uso da tecnoloxía na aula, subliñando a importancia de adaptarse ás necesidades cambiantes da contorna educativa moderna.