A nova presidenta dos populares xalleiros obtivo o 100% do respaldo dos afiliados

María José Pose lidera ao Partido Popular de Santa Comba cun equipo “unido e preparado”

María José Pose con Diego Calvo, Ebaristo Ben e Gonzlo Trenor tralo congreso

María José Pose é desde a nova presidenta local do Partido Popular de Santa Comba despois de que a súa candidatura recibise o 100% dos votos no congreso local celebrado no municipio xalleiro.

Acompañada polo presidente provincial, Diego Calvo, polo secretario xeral dos populares na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de organización, Gonzalo Trenor, Pose agradeceu o respaldo recibido de todos os afiliados e presentou un equipo “unido” e preparado para desenvolver un proxecto “sólido” á fronte do PP de Santa Comba.

A nova presidenta local aproveitou tamén a súa intervención para facer balance dos logros alcanzados durante o seu mandato á fronte do consistorio e puxo sobre a mesa os obxectivos que aínda quedan por lograr.