Mércores. 29.05.2024

A compañía de xestión integral de Recursos Humanos, Nortempo, en base ao acordo de colaboración asinado coas entidades educativas Cesuga University e EF Business School, lanza, a través do seu negocio de outsourcing Nortex, o programa Impulso co obxectivo de apoiar os proxectos de startups e emprendedores coa convocatoria dunhas axudas para o desenvolvemento empresarial dos mesmos, que se concederán a dúas das iniciativas que se presenten. O programa nace con vocación anual.

Para a elección dos proxectos se valorará os que prioricen a orixinalidade da idea, o grao de factibilidade, a viabilidade financieira e a súa vinculación coas áreas, actividades e sectores estratéxicos de Nortempo. O comité de selección elixirá dúas das iniciativas ás que financiará con 20.000 euros para a gañadora, e con 5.000 euros para a segunda. Ademais, recibirán mentorización personalizada, e asinarán un acordo comercial ao remate do proceso.

Poderán presentarse ao programa startups o empresas novas cunha traxectoria non superior a tres anos, e cuxa actividade principal esté relacionada coas áreas ou sectores dos recursos humanos, formación, matching de candidatos, procesos de selección, ferramentas para a evaluación automática de competencias, plataformas de acreditación formativa e académica, ou estratexias formativas para a recolocación ou a empresa dixital. No eido multisectorial, prestarase especial atención ás ideas ou proxectos sobre automatización de procesos, sostenibilidade e desenvolvemento.

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 19 de abril e remata o 30 de xuño. A súa presentación deberá realizarse online cumprimentando o formulario na seguinte ligazón. Nortex comunicará todo o relacionado co programa (novedades, incidencias, datas, etc.) a través das súas canles de comunicación na web e nas redes sociais.