Sábado. 27.07.2024

Logo da xuntanza mantida o pasado abril, a alcaldesa de Teo volveu recibir este 6 de xuño a unha representación da empresa UTE Geseco-Cespa, que é a encargada da recollida de lixo e da limpeza viaria no municipio. A compañía leva xa un tempo inmersa nun conflicto, desencadeado polas precarias condicións do actual contrato.

Lucía Calvo de la Uz apelou á necesidade de que as partes enfrontadas se entendan e poidan chegar a un acordo. Paralelamente, lembrou que desde o Concello se está a traballar no proceso de licitación para corrixir a “irregular situación” herdada do anterior executivo.