Martes. 29.11.2022

O PP de Melide amósase “preocupado” despois de recibir varias queixas sobre o estado do firme dos viarios que conectar o casco urbano coas parroquias.

Dalia García, portavoz melidense, afirma que “os veciños e veciñas de Melide do rural non son cidadáns de segunda pero parece que o son para este goberno: durante 3 anos de mandato todos os investimentos de pavimentación no rural en aglomerado en quente son froito da época do PP e a distribución dos fondos para obras é case nulo durante esta lexislatura para as 26 parroquias melidenses o que se está a notar o seu abandono”.

García explica que “para o PP melidense non é novo a defensa dun investimento equilibrado entre o rural e o urbano ao igual que se viña facendo durante os nosos mandatos, non obstante, esta tónica mudouse cando Pérez entrou a gobernar xa que o seu nulo coñecemento da realidade rural melidense fai que a deixe relegada a un segundo plano. Durante estos días tanto os concelleiros e concelleiras como eu mesma recibimos fotografías e videos sobre o estado dos viarios de acceso á explotacións, plantacións e mesmo a núcleos rurais que dan auténtica pena, sinala a portavoz melidense”.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade