As obras tiveron un custe de 910.000 euros

O presidente da Xunta visita o novo centro sociocomunitario Isabel Zendal

Foto da visita as instalacionsdo novo centro sociocomunitario Isabel Zendal

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, acompañado de membros do equipo de goberno local, Xesús Pedreira, presidente de Honra da Asociación Isabel Zendal de México e representantes de diferentes colectivos locais participaron nunha visita ao centro sociocultural de recente creación en Ordes.

O goberno galego investiu nesta instalación 360.000 euros, para ofrecer un lugar de reencontro para as persoas maiores e a xuventude desta localidade ademais de albergue o punto de atención temperá financiado pola Xunta de Galicia.

Durante a visita do presidente a Ordes, Xesús Pedreira, pediu ao titular da Xunta o nomeamento coa medalla de Galicia a título póstumo de Isabel Zendal. Ao mesmo tempo Xesús Pedreira tamém agradeceu ao alcalde, José Luis Martínez, que se lle puxese o nome de Isabel Zendal a este edificio que alberga no seu interior actividades “tan versátiles e novidosas”.