Luns. 06.05.2024

Que significa para vostede ser candidata nunhas eleccións autonómicas

Moita responsabilidade, pero sobre todo moita ilusión,por todo o que significa artellar unha campaña dende cero, ilusión porque estamos construíndo un proxecto propio con vocación de futuro, pola confianza que depositaron en min os compañeiros e compañeiras, polo traballo en equipo, por facer o que realmente nos gusta facer que non é outra cousa que política pensando nas persoas, política para intentar mellorar a vida dos galegos e galegas.

 

Cales son as expectativas de Espazo Común Galeguista?

A nosa expectativa é de futuro, nós non buscamos a inmediatez, a nosa pretenión é seguir traballando e asentar o noso proxecto; por suposto que traballaremos para ter un bo resultado, pero para nós o éxito xa é presentarnos, que nos coñezan, que os galegos e galegas sepan que hai unha alternativa.

Como é facer política dende Espazo Común Galeguista?

Pois é poñer o noso traballo e experiencia o servizo da cidadanía. O equipo de Espazo Común Galeguista provimos do municipalismo, coñecemos as necesidades reais dos concellos e o que é mais importante coñecemos como funcionan e temos experiencia en xestión, eso sírvenos para poñer solucións prácticas enriba da mesa.

 

Como se organiza unha campaña, sin apenas recursos e sin contar con toda a maquinaria electoral dos grandes partidos?

Con inxenio e sobre todo contando ca xente, o boca a boca é o que mellor funciona. Voltamos a contar con unha ferramenta importante que son as redes sociais e voltamos a poñer en marcha o noso programa aberto, unha ferramenta que nos permite construír o noso programa conxuntamente ca cidadanía, poñer o foco en problemas reais.