Xoves. 02.05.2024

Antía Ferro e Sonia Soto do equipo de Medio Ambiente de Cobre San Rafael poñen de manifesto o esforzo da compañía para moderar os impactos ambientais da antiga mina e garantir un futuro sostible na comarca.

Entre os condicionantes da aceptación social dun proxecto mineiro como o da mina de Touro-O Pino, ademais dos beneficios económicos e o emprego que vaise xerar coa súa activación, o traballo medioambiental é clave. 

Dende que Cobre San Rafael puxo a súa base na mina de Touro-O Pino o seu principal cometido, previo ao comezo da actividade mineira, foi paliar os efectos ambientais que deixaron tras de si os traballos realizados na antiga explotación da mina, en especial as augas ácedas, que afectan a algúns cauces do entorno, coma o Portapego e que preocupan á poboación.

O equipo de medioambiente da compañía, composto por Antía Ferro e Sonia Soto, traballan de forma incansable nesta labor para acondicionar os terreos e as augas do entorno da mina contribuíndo a un futuro próspero na comarca.

Que está a facer Cobre San Rafael respecto á recuperación da zona?

O primeiro que se levou a cabo foi unha avaliación do problema, para poder aplicar solucións eficaces. Dende a compañía levamos máis de 6 anos realizando un seguimento dos leitos de auga, con controis por parte do Equipo de Medio Ambiente de CSR, con dous técnicos de Touro e O Pino, de investigadores da Universidade da Coruña, da Estación de Hidrobioloxía Encoro de Ou Con de a Universidade de Santiago de Compostela e analíticas de augas de laboratorios acreditados.

En que consisten eses controis?

Realizamos periódicamente controis de calidade das augas, semanalmente nos leitos próximos á mina (Portapego, Felisa, Barral, Brandelos, Pucheiras) e mensualmente nos entornos máis afastados (concas dos ríos Lañas-Brandelos co río Ulla). Principalmente mídese en campo parámetros in situ como o pH (indicador da acidez) ou a conductividade eléctrica, como se analizan un gran número de parámetros, principalmente metais.

Ademais, coa Estación de O Con realizáronse controis de bioindicadores, representativos do estado dos ecosistemas; en concreto, organismos bentónicos, que viven no leito dos ríos, poboados de peces e anfibios.

Cal é a conclusión que se pode extraer dos controis?

A afección dos pasivos ambientais da anterior explotación son evidentes. Entre eles, o impacto visual dos precipitados de ferro, os valores de pH que son acedos ou moi acedos e que afectan a eses leitos máis próximos.

Aínda así, non hai evidencias de que inflúan na calidade dos ríos máis relevante augas abaixo, como é o caso do Lañas. Destacar que neste río os controis con bioindicadores mostran os rangos de calidade máis altos, por exemplo, o indicador de organismos bentónicos, METI, utilizados por Augas de Galicia no Plan Hidrolóxico para clasificar o estado das masas de augas, obtivo o valor máis elevado de calidade no tramo medio do Lañas.

Outro caso para mencionar é o rego Barral, leito de escasa entidade, moi afectado polas augas acedas no seu tramo inicial, pero que se vai recuperando augas abaixo. Ademais, conta cunha importante poboación de anfibios no seu curso final, antes da súa confluencia co Lañas.

Como empregou Cobre San Rafael esta información?

Deseñamos e implantamos unha serie de actuacións para reducir o efecto das augas acedas. Os máis destacables son a construción dunha gran canle que recolle augas de choiva e escorrentía antes de que entren en contacto cos materiais que xeran acidez, reducindo o volume de augas acedas xeradas. Tamén a construción dunha moderna planta de tratamento de augas, deseñada por unha enxeñería galega, que opera cunha gran eficacia, como recollen os informes analíticos acreditados que demostran que as augas tratadas cumpran os requisitos máis estritos que fixa a normativa.

Cales son os próximos pasos?

Concluír os expedientes administrativos para entregar as augas da canle e da planta de tratamento a leitos que están afectados polas augas acedas, incorporar esta auga de calidade nestes leitos é a mellor maneira de lograr a súa recuperación. Tamén é importante que sigamos facendo esforzos por comunicar o que estamos a facer e por escoitar a todos os que queren contribuír a buscar solucións.

 Cal é o compromiso de Cobre San Rafael?

A compañía, que atópase en proceso de por en marcha o seu proxecto de extracción, avoga por unha minaría responsable e non contaminante, aplicando as mellores prácticas e técnicas actuais que teñen como máxima a prevención e eliminación de calquera impacto negativo sobre o entorno.

Ademais, coa súa presenza busca fortalecer os municipios da zona xerando valor a nivel económico, social e cultural a través do seu programa TERRAS. Este plan abrangue cinco ámbitos de actuación, cada un deles conta cunha serie de actividades e accións específicas. Relacionado coa posta en valor do río Ulla está TERRAS do Ulla; polo respecto do Camiño, TERRAS do Camiño; para o desenvolvemento socioeconómico da comarca, TERRAS do Futuro; pola seguridade e a saúde, TERRAS de Vida, e, para as accións de carácter social, TERRAS da Xente.

As siglas do plan fan referencia á Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social que se atopan explícitas nas áreas de interese do proxecto, que son: medio ambiente, sociedade e desenvolvemento; polas que a empresa traballa día a tras día no seu compromiso coa terra e as persoas.