Sábado. 27.07.2024

Un ano despois da toma de posesión, que obxetivos de lexislatura están xa cumpridos nestes últimos 12 meses?

Entre os obxetivos cumpridos podemos destacar a consecución da subvención para facer realidade a apertura dun Centro de Día no Concello de Toques, que de un servizo de calidade ós nosos maiores. Esperamos que esté en funcionamento durante o ano 2026. Se trata dun servizo que é moi necesario para o noso pobo debido o envellecemento da nosa poboación. Acabamos de recibila aprobación da subvención por parte do Consorcio Galego de Benestar, despois de dous anos dende a solicitude.

Tamén podemos congratularnos pola aprobación definitiva da Ordenanza de fomento de natalidade e de asentamento da poboación que ten como finalidade incentivar na medida do posible a natalidade coa finalidade de asentar e na medida do posible aumentar a nosa poboación e, ó mesmo tempo, apostar pola poboación xuvenil.

Logramos o aumento de horas na prestación do SAF na modalidade de dependencia. Neste sentido, temos que destacar o enorme esforzo económico que fai ó Concello ó solicitar máis horas de SAF á Xunta de Galicia, xa que a achega que se recibe por parte da Xunta apenas chega ó 60%, e o resto o deben poñer os usuarios e sobre todo o noso Concello con cargo a fondos propios. A pesares desta situación, o noso Concello aposta polo maiores e polo seu coidado, aumentando a calidade do servizo e a cantidade de horas dispoñibles, fomentando que non exista lista de espera en Toques para acceder ó servizo.

Tamén me gustaría destacar a execución das obras que había comprometidas ca Deputación da Coruña , na creación de beirarrúas en Fondevila e en Brañas. Tamén contamos co compromiso de Deputación de un novo proxecto de mellora das beirarrúas de A Bragaña-Ordes xa que se atopan moi deterioradas. Prevese que se inice o proxecto no ano 2025.

Seguiremos mellorando o concello con novos investimentos en pistas municipais, acceso a núcleos e instalacións deportivas.

Que iniciativas vai poñer en marcha o seu equipo de goberno a curto e medio prazo?

Imos levar a cabo a aprobación definitiva da modificación do PXOM para desenrolar un espazo de solo urbanizable de carácter industrial, aproveitando a existencia dunha empresa nesa parte do noso territorio. Dita cuestión se realiza coa finalidade de potenciar un espazo industrial no noso Concello que poida dar cabida a novas iniciativas empresariais que poidan dar un pulo económico ó noso Concello.

Tamén queremos abrir o Centro de Día no noso Concello coa finalidade de completar unha carta de servizos de carácter social para os nosos maiores, e proseguir coa redución de custos no apartado enerxético, facendo inversións enerxéticas que fomenten o baixo consumo e que non contaminen mediante a substitución dos sistemas de calefacción en todos os edificios públicos do noso Concello, unha que isto xa se fixo no alumeado público.

Queremos por en marcha novas vivendas sociais e tamén fomentar a rehabilitación de vivendas para que se poidan poñer a disposición das persoas que queiran vir vivir a o noso concello. Nestes últimos anos foron numerosos veciños que viñeron vivir o noso concello e estanse adquirindo practicamente todas as vivendas que están dispoñibles.


 

Cales son os principais problemas que ten a vila nestes últimos tempos?

Os principais problemas do noso Concello e que, seguro son comúns a moitos outros Concellos pequenos do rural. Por exemplo, a falta de financiación das entidades locais para facer fronte a gran cantidade de competencias que teñen os Concellos. Vimos acusando dende fai moitos anos un déficit estrutural na financiación das entidades locais que o que provoca é a asfixia económica dos Concellos para poder seguir prestando servicios impropios que ademáis son deficitarios dende o punto de vista económica.

Tamén temo un acusado despoboamento e o envellecemento da poboación. Trátase dun problema estrutural que ten que ver coa falta dun proxecto real de rexeneración do rural que tiña que vir impulsado dende os gobernos Central e Autonómico con medidas concretas e sobre todo con financiamento para poder adoptar determinadas medidas que son necesarias para producir un cambio brusco na composición dos nosos pobos. Esas medidas deben ser tranversais e moi variadas, o fomento do teletraballo para que a xente poida vivir nos pobos, aumento de servizos sociais, educativos, culturais e deportivos, mellora das comunicacións viarias, instalación global da fibra óptica, boa cobertura e acceso as novas tecnoloxías, aumento de solo urbano para aumentar a oferta de pisos e casas.

Por outra banda, tamén sufrimos unha elevada subida dos prezos de tódolos servizos. Nestes últimos anos, ca subida de prezos acadada é moito máis difícil de satisfacer tódalas necesidades detectadas, xa que os ingresos son case os mesmos que fai anos.