Xoves. 22.02.2024

A lección maxistral ‘Leite A2, unha oportunidade para Galicia' ofrecida polo catedrático da área de Nutrición e Bromatoloxía da USC na Facultade de Veterinaria Alberto Cepeda, dá conta da potencialidade da actividade científica desenvolvida no Campus de Lugo para avanzar cara a un futuro sostible.

Neste caso, o profesor Cepeda afondou sobre a diferenciación entre duos tipos de leite: A1 e A2. Este último contribúe á mellora da saúde humana, ao tempo que serve para sustentar cambios no sistema productivo con consecuencias positivas para a rendibilidade das explotacións, ademais de para incidir na marca de calidade dos productos de proximidade e nas bondades da Dieta Atlántica.

Durante esta lección maxistral o público asistente puido saber que o leite A2A2 é producida por vacas que, pola súa xenética natural, non teñen a proteína causante da boa parte dos problemas dixestivos relacionados co consumo de leite. Non é leite resultado dun proceso tecnolóxico. É polo tanto máis dixestiva, menos reactiva e máis saudable. Resultando un produto de mellor calidade e cun sabor máis natural.

Existen empresas en Galicia que xa comercializan este leite, como DELEITE, marca da empresa Leite Noso, sl, onde os  gandeiros galegos innovaron no  Leite A2, antes que calquera outra empresa ou marca no mercado nacional, e unha das primeiras do mundo.

 

O reitor da USC, Antonio López Díaz, salientou o “total compromiso” da institución académica coa sede universitaria luguesa, así como coa cidade e coa provincia de Lugo, no marco do acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé, patrón da Universidade, celebrada na Facultade de Veterinaria, onde reiterou a inequívoca vontade do seu equipo de goberno de defender e traballar a prol do “afianzamento da actual oferta de titulacións e polo robustecemento da estruturas de investigación no Campus de Lugo”.

A presenza institucional e social no acto de San Tomé foi nutrida, como o proba a presenza na sesión do Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, o tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a delegada territorial da Xunta en Lugo, así como de deputados, senadores, parlamentarios autonómicos, deputados provinciais e, entre outros, académicos e demais responsables políticos e militares.