Sábado. 27.07.2024

Máis de 350 representantes de empresas, denominacións de orixe, cooperativas agrarias, entidades e institucións do sector agroalimentario reuníronse na décima edición do encontro bienal da industria alimentaria, organizado por Vegalsa-Eroski. Neste evento, a compañía galega de distribución presentou os seus resultados para o exercicio de 2023 e o seu plan estratéxico para os próximos tres anos, baseado na xeración de resultados empresariais a través da creación de riqueza na contorna, a satisfacción plena dos consumidores e o fomento dunha alimentación saudable.

O director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño, definiu a situación actual da compañía, salientando o papel colaborativo da rede de produtores locais. Neste sentido, reafirmou o compromiso coa produción de proximidade e a necesidade de traballar conxuntamente para “atender as demandas dos consumidores no menor tempo posible, nun contexto socioeconómico cada vez máis desafiante”. 

Juan Verde Falando no encontro da industria alimentaria
Juan Verde Falando no encontro da industria alimentaria

Segundo os resultados do pasado exercicio,  Vegalsa-Eroski incrementou case un 19% o seu investimento en compras a provedores locais, ata alcanzar os 539 millóns de euros, representando un 40% do total. Desta cifra, o 83% corresponde a compras a provedores galegos, o que supón 449 millóns de euros. Ademais, do total de 924 provedores e pequenos produtores locais cos que colaborou a distribuidora no 2023, 738 son galegos, 63 asturianos e 123 casteláns e leoneses. É dicir, 1 de cada 2 provedores cos que colabora Vegalsa-Eroski é de ámbito local. 

Asistentes o enconto
Asistentes o enconto

SOSTIBILIDADE, SOBERANÍA ALIMENTARIA E COOPERACIÓN

O director de compras, Jorge Eiroa, salientou a importancia da sostibilidade e innovación como piares para os vindeiros anos. Así, fixo fincapé no programa pioneiro de provedores lanzado recentemente pola compañía, no que xa participaron 127 provedores e superou a base de diagnóstico e iniciativas de mellora. O obxectivo do mesmo é contribuír á mellora das prácticas medioambientais, sociais e de goberno corporativo. 

Durante o evento e baixo o lema “Benvidos ao futuro”, poñentes e directivos da compañía realizaron un repaso polos valores de sostibilidade, soberanía alimentaria e cooperación, con oradores como Tomás Pascual Gómez-Cuétara, presidente de Calidade Pascual, ou Juan Verde, membro do consello asesor do actual presidente de EE.UU. e exasesor do presidente Obama, ademais de presidente de Advanced Leadership Foundation. Ademais, tamén participaron no encontro representantes das empresas Deleite, Estrella Galicia, Cafés Candelas ou Pescamar. Po outro lado o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña,  Antonio Fontenla; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a conselleira de Medio Rural da Xunta, María José Gómez; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey ou a gerente de Galicia Calidade Ana Méndez

Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade acudiu o acto
Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade acudiu o acto

 

Pola súa banda, a CEO de Grupo Eroski, Rosa Carabel, afondou no plan estratéxico para os vindeiros anos, salientando unha folla de ruta marcada “pola busca dun futuro próspero e sostible, coa calidade, o aforro para as familias e a experiencia de compra personalizada como piares, todo fundamentado no compromiso coa saúde, benestar das persoas e creación de riqueza”.