Sábado. 24.02.2024

¿Como valora os períodos hábiles de pesca na Comunidade establecidos na orde reguladora?

Con respecto a troita debería rematar todos os pescadores o mesmo tempo, tanto tradicionais, deportivos e de captut a e soltos

¿Considera os cupos de capturas e tamaños establecidos acordes coa realidade? ¿Por que?

Os cupos están correctos, pero os tamaños non. É mellor que un troiteiro leve 6 troitas de 17 centímetros e non as de 25 centímetros que son as mellores reproductoras

¿Desde o sector da pesca de río, cales son as súas principais reclamacións?

Mellorar os vertidos tranto de xurro, pesticídas, abonos, contaminación por productos quimicos, como falta de depuración das augas. 

Tamén tomar medidas contra os cormoráns, e eliminar os tramos de captura e solta, pesca sen morte, sen xustificar

¿Como foi o primeiro día de pesca, quedachedes contentos?

Si moi contentos, os ríos van con auga, e o día foi estupendo polo tempo e houbo boas capturas