Sábado. 27.04.2024

Desde o pasado 1 de xullo, e ata o vindeiro 31 xullo, pódese visitar, no castelo de Moeche a exposición A nosa tradición na madeira, unha mostra representativa do traballo do ebanista local José Fernández Hermida, composta por pezas de gran beleza, torneadas, talladas e montadas co obxecto de reflectir os elementos do patrimonio de dentro e fóra do municipio, como a reprodución do propio castelo ou a réplica a escala da Torre de Hércules.

A exposición, organizada polo concello, reivindica, á súa vez, as profesións, usos, obxectos e costumes, alguns case desaparecidos, coas reproducións en madeira, feitas polo ebanista de San Xoán, como unha carrilana, unha bicicleta, un carro do país, unha máquina de fiar... Ademais, o autor combina en moitos casos a madeira coa pedra de Moeche ou "toelo". 

A Torre de Hércules pódese ver na exposición
A Torre de Hércules, unha das pezas
da exposición (Foto: Ramón Carballeda)

O traballo da madeira goza, na tradición de Moeche, da categoría de disciplinas profesionais, e abrangue boa parte do valor artesanal da cultura do municipio. O traballo de José Fernández comprende a talla e modelaxe da madeira nas súas dúas vertentes, a mécanica e a artesaná, e ao longo da súa traxectoria elaborou tanto pezas esculpidas de gran beleza centradas na representación en madeira do noso patrimonio, ou con pezas que reivindican as vellas profesións, as tradicións e os costumes.