Sábado. 20.04.2024

Os días 8, 9 e 10 de xullo terá lugar o festival Sons de Curuxeiras. Música do Navegantes, unha cita que se acaba de incorporar ao ciclo de concertos do Xacobeo 21-22 e que a Xunta de Galicia patrocina este ano na comarca de Ferrolterra, así o anunciaron durante a presentación da programación do festival no peirao de Curuxeiras, a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, o produtor executivo, Maximino López, e o presidente da Autoridade Portuaria, Francisco Barea.

O porto ferrolá será o escenario dun festival que coincide coa celebración da II Regata O Camiño comeza no Mar, e que naceu co obxectivo de recoller a fusión de músicas que a cidade de Ferrol ten asimilado, como os cantos de taberna, as rondallas, bandas de rock...", señalou Aneiros. Pola súa banda, López fixo un repaso polo cartel do festival e incidiu no protagonismo que se lle da aos grupos locais ou cunha vinculación coa cidade, como poden ser Nuevo Plan, Los Primerizos, No More Bullshit ou Pancho Varona. Os concertos son todos de balde.

Durante a presentación, anunciouse unha das citas máis esperadas, xa que por mor da pandemia tivo que ser adiada en dúas ocasións, o concerto da cantante Bonnie Tyler. A artista de Gales chegará á cidade no marco do Ferrol Festival Verán, e actuará no peirao de Curuxeiras o venres 22 de xullo ás 22.30 horas, despois de que Malditos Pendejos ou Janis Joplin Tributo súbanse ao escenario. O prezo das entradas é de 20 euros e pódense adquirir a través da web ataquilla.com.

A Xunta de Galicia está a apoiar e a financiar a preto dunha decena de espectáculos en Ferrolterra con motivo do Xacobeo, e moitos deles con artistas de sona nacional como Coque Malla (26 de agosto no paseo do Xuvia de Narón) ou Rozalén que actuará na praza de Armas de Ferrol; pero tamén internacional como os irlandeses Wolfstone ou os escoceses Talisk, que xunto a Tanxugueiras, Luar na Lubre, Red Hot Chilli Pipers ou Susana Seivane forman parte dun amplo cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, do 10 ao 17 de xullo. A proposta de concertos do Xaconeo para a comarca o completa o festival de Jazz ao Norte con figuras internacionais do xénero como Hanna Williams, Chano Domínguez ou Nouvelle Vague, a partir da próxima semana.