Mércores. 29.05.2024

Máis de cincocentos estudantes santiagueses de 4º de Primaria pecharon, coa  VI Gala pola Seguridade Viaria, o programa de actividades de educación viaria organizado pola Policía Local de Compostela. Nunha festa na que ademais se fixo entrega dos premios do concurso de debeuxo e que forma parte desta iniciativa municipal.

Unha serie de actividades con charlas teóricas e prácticas na vía pública que teñen como obxectivo formentar entre os escolares da cidade a importancia da seguridade viaria, e para que actúen correctamente como peóns ou ciclistas, e nun futuro sexan conductores responsables.

A rapazada asistiu ao espectáculo teatral da compañía Gazafellos, no que tamén participaron os axentes da policía local que lle proporcionaron á representación a conexión coas nocións de seguridade viaria que impartiron ao alumnado durante este curso. Tras a representación, nun Auditorio de Galicia cheo, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo, no que foron premiadas as autoras e os autores, cunha bicicleta e un casco, de tres ilustracións elixidas por un xurado e dunha cuarta a través das redes sociais.

Os representantes da corporación municipal e o alumnado asistente á gala
Os representantes da corporación municipal e o alumnado asistente á gala

Tamén, aproveitando a celebración da gala, realizouse unha homenaxe a Carlos González Rendo, policía local do departamento de Educación Viaria que participou por última vez no programa por mor da súa xubilación. O axente recibiu o recoñecemento da rapazada e agasallos de todos os centros educativos que participan no progroma.

"Formar aos nenos e nenas é a mellor forma de garantir que teñamos no futuro unha cidade máis amable", indicou ao peche da gala o concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, que lle pediu á rapazada que "difundandes todo o que aprendestes da man da Policía Local neste programa entre as vosas familias e as vosas amizades, para construír entre todos unha sociedade máis respectuosa e más segura", concluiu o concelleiro que estivo acompañado pola alcaldesa Goretti Sanmartín e varios representantes de toda a corporación municipal.