Venres. 29.03.2024

A vila de Narón organizou diferentes actos, o pasado 13 de marzo, para conmemorar a Revolta Popular que tivo lugar na bisbarra en marzo do 1918, co 50 aniversario do Día da Clase Obreira Galega e o 104 aniversario da Revolta das Mulleres. As celebracións, que contan coa colaboración do Concello de Narón, iniciáronse coa presentación do faladoiro por parte de Olaia Ledo, concelleira do BNG en Narón e membro da Revolta Popular, nun acto que contou coa presenza do exsindicalista Alfonso Tellado, o historiador Francisco Rodríguez e con Iria García, natural de Fene e cunha familia traballadora adicada ao sector naval desde o seu bisavó. Este ano a xornada centrouse arredor dos asasinatos cometidos na comarca no 1972. 

"Desde a comisión fixamos dous obxectivos: que o 13 de marzo fique cada ano no marco reivindicativo galego e en cada homenxe tratar temáticas con similitudes, que den mostra de que o galego é un pobo con historia e espíritu de rebeldía", explicou Ledo durante a presentación da xornada.

Unha vez rematado o faladoiro, os asistentes desfrutaron dunha actuación musical previa ao xantar popular, nunha xornada que finalizou coa Ofrenda Floral no monumento á Revolta Popular na localidade naronesa, e coa saída á luz dun documento histórico, editado na clandestinidade desde París e no que se citan os acontecementos acaecidos no 1972 na comarca ferrolana.