Domingo. 28.04.2024

Pablo Nogueira Campo, coa súa obra Versos (a) variados, foi o gañador dunha nova edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, que foi creado hai máis de 20 anos por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda co obxectivo de apoiar e formentar a poesía infanti e xuvenil. O Auditorio Neira Vilas, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, foi o escenario do acto de entrega dun galardón que conta co apoio e a organización de Deleite, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Fundación Xosé Neira Vilas. Nogueira verá editada a súa obra nos vindeiros meses, ademais, nuns días, Deleite, sorteará nas súas redes sociais varios exemplares.

O xurado, que estivo conformado por David Cortizo, presidente de GALIX, e polas escritoras Rosalía Morlán e Pilar Sampredro, destacou do traballo gañador "a súa creatividade no uso e no dominio do rexistro musical e o emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios que, como se fora un xogo, inclúe onomatopeias, trabalinguas, palíndromos, anáforas e tamén un variado acompañamento gráfico e icónico", indicacan no fallo.

Posteriormente ao acto de entrega do Premio Arume de Poesía, presentouse a obra premiada na anterior edición Os versos da mariola, de Antón Cortizas, un traballo que reivindica os xogos tradicionais a través da poesía e da ilustración. Un traballo literario sobre os vellos pasatempos da infancia e tamén un libro pensado para xogar durante a súa lectura a través das propias ilustracións.