A organización recupera, este sábado 23 de abril, a feira no seu formato prepandemia

Uns 180 inscritos, 40 máis que no 2019, nas probas ecuestres da Feira Cabalar de Moeche

Un dos xinetes participantes na última edición da Feria Cabalar antes da pandemia (Foto: César Galdo)

Só quedan uns días para que os cabalos e os xinetes se citen no evento ecuestre máis importante do ano, a Feria Cabalar de Moeche, que este sábado 23 de abril, día de San Xurxo, recuperan a Asociación Ecuestre 23 de abril e o Concello no seu formato prepandemia.

A organización vén de informar que, ao peche do prazo de inscripción o pasado 16 de abril, recibíronse 178 solicitudes, 40 máis que na edición do 2019, o que vén a confirmar as previsións da organización de que será unha das feiras máis concurridas celebradas nos últimos anos.

A feira repartirá un total de 5.000 euros en premios e trofeos entre os mellores clasificados nos concursos de trote e andadura. O concurso premiará ás cinco mellores evolucións nas especialidades de andadura chapeada e andadura aserrada, en monturas inferiores e maiores. No concurso de trote se premiará aos tres mellores percorridos con animais de menos de 1,5 metros e aos tres mellores con eguas ou cabalos de máis altura. Haberá un total de 26 premios con coantías entre os 75 e os 300 euros ademais dos trofeos.

Paralelamente aos concursos, haberá postos con produtos agrogandeiros, ferramentas e roupa, ou de comida para os aistentes. Ás 17.00 horas, no polideportivo municipal de Moeche, haberá un espectáculo de danza ecuestre, para o que hai que mercar as entradas no concello en horario de mañá.