O Pedroso foi o escenario da proba que non completou o límite de participación

O Autonómico de Resistencia Cidade de Narón de BTT contou na saída cuns 200 ciclistas

Foto dos gañadores e gañadoras no Campionato Galego de Resistencia Cidade de Narón de BTT

A zona do Pedroso foi o escenario o pasado 3 de marzo da disputa do Campionato Galego de Resistencia de BTT Cidade de Narón, e que nesta nova edición non chegou a completar o límite de participación, polo que tomaron a saída algo máis de 200 ciclistas nas diferentes categorías: Sub23, Másters, Elite, Elite UCI e Cadete, tanto masculino como feminino.

Raquel Román (Bici Verde CC) e Xavier Meizoso (Narón CC) foron os máis rápidos no grupo absoluto. E, completaron os podios Desiree Fernández (RS Bike Boiro) e Eva Ortega (Extol-Zambora.es), e Ignacio Casal (Extol-Zambora.es), e Adrián Caamaño (Caimanes Betanzos), respectivamente.