Sábado. 27.04.2024

A zona do Pedroso foi o escenario o pasado 3 de marzo da disputa do Campionato Galego de Resistencia de BTT Cidade de Narón, e que nesta nova edición non chegou a completar o límite de participación, polo que tomaron a saída algo máis de 200 ciclistas nas diferentes categorías: Sub23, Másters, Elite, Elite UCI e Cadete, tanto masculino como feminino.

Raquel Román (Bici Verde CC) e Xavier Meizoso (Narón CC) foron os máis rápidos no grupo absoluto. E, completaron os podios Desiree Fernández (RS Bike Boiro) e Eva Ortega (Extol-Zambora.es), e Ignacio Casal (Extol-Zambora.es), e Adrián Caamaño (Caimanes Betanzos), respectivamente.