Sábado. 27.04.2024

O Concello de Arzúa, no seu compromiso coa promoción do Deporte e coas alternativas de ocio saudables, vén de recuperar a súa Liga Liga de Fútbol Sala, que chega á súa vixésimo primeira edición e que comezou o pasado 25 de marzo coa disputa da primeira xornada no Pavillón de Santa María. Un total de seis equipos xa están a disputar un torneo que se desenvolverá nas xornadas dos luns ata o vindeiro 27 de maio. O acceso ao pavillón para presenciar os encontros é de balde co obxectivo, segundo o Concello, de incentivar a participación comunitaria e o apoio aos equipos locais.

O campionato, que forma parte da Agrupación de Veteranos de Santiago, poderase seguir polo miúdo todos os mércores na sección de Deportes da edición web de Bisbarra, e na edición impresa do semanal, nos que poderás ver os resultados, clasificacións, calendario, ou coñecer aos equipos participantes.

XXI Liga Local de Fútbol Sala Concello de Arzúa