Mércores. 29.05.2024

A Carreira Popular de Pascua abriu o pasado día 1, e ata o vindeiro 27 de marzo, o prazo de inscrición para participar naa súa 43ª edición, organizada polo Concello de Padrón e que se disputa o sábado 30 de marzo.

Repartiranse medallas e agasallos entre todas as persoas participantes, ademais de trofeos para os primeiros clasificados nas diferentes categorías, así como premios en metálico para os mellores equipos federados. A inscrición, de balde para os escolares e cun custe de 7 euros para a proba absoluta, realizarase a través da páxina web www.emersports.es.

A saída da Carreira Popular será dende a praza de Macías (10:30 horas). Os primeiros serán os Sub6 que cubrirán unha distancia de 100 metros. Ás 10:40 horas partirán os Sub8 sobre 425 metros. Ás 10:50 horas, farano os Sub10 (625 metros), a mesma distancia que os Sub12 (11:05 horas). A quenda dos Sub14, con 2 Km de percorrido, será ás 11:15 horas, mentres que a os Sub16 e Sub18 sairán ás 11:30 horas cunha distancia de 3,5 quilómetros. A carreira absoluta, que engloba os Sub20, Sub23, Sénior e Máster, tomará a saída ao mediodía cun percorrido de 13,3 Km.