Luns. 29.04.2024

A XXI Liga Local de Fútbol Sala de Arzúa, retomada polo Concello e que forma parte da Agrupación de Deportistas Veteranos, afrontou o pasado luns 8 de abril a súa terceira xornada, e que mostrou a igualdade que hai entre os seis equipos en liza. 

Así, o Spartak de Minipi encabeza a clasificación grazas a diferenza de goles, que sitúa á formación primeira empatada a puntos (6) co Café Bar Pedrito, La Bodega de José e a Imprenta Ayude, todos eles con dúas victorias e unha derrota. E pechan a clasificación o Durocho e os Domingueros, con 3 e 0 puntos, respectivamente.

Resultados e clasificacións

A igualdade impera na terceira xornada da Liga de Fútbol Sala Concello de Arzúa