Sábado. 27.07.2024

A segunda edición da proba deportiva solidaria Os 11 das vías, organizada polo Concello de Cerceda, o Club Atlético Silva e o Albergue Estación contou con máis de 600 participantes nas diferentes categorías, nunha tarde de deporte e solidariedade que se desenvolveu pola Vía Verde que conecta Cerdeda co veciño municipio de Oroso

José Canda e Karyna Yevtushenko foron os vencedores absolutos dunha proba que tivo a súa saída e chegada na zona da antiga da estación de Queixas-Cerceda, hoxe rehabilitada como albergue, na que tamén se instalou o punto de avituallamiento e se desenvolveron diversas actividades para todos os públicos.

PC, vencedor da proba absoluta masculina en Cerceda
O fondista José Canda, vencedor na categoría masculina absoluta en Cerceda

A carreira, que se disputou ademais nas categorías infantil, xuvenil, biberón, sub 20, sub 23, máster ou parellas, contou no grupo absoluto cun total de 182 participantes que iniciaron o seu concurso ás 18:00 horas, para 20 minutos despois partir os case 300 inscritos na andaina solidaria non competitiva que percorreron 4 quilómetros desta Vía Verde que conta con importantes puntos de interese como o Paseo Fluvial de Acevedo, o Xardín Botánico ou o paque acuático.

Tras a entrega de premios e trofeos entre os más rápidos nas diferentes categorías, lembraron que a finalidade desta proba, ademais de promover habitos de vida saudable, é colaborar na investigación contra o cancro, polo que toda a recadación da mesma destinarase integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC). Dende o Concello lembran que non é o único evento solidario do municipio, xa que tamén organizan outros como a BTT Ruta dos Encoros, disputada o mes pasado, ou a Poseidón Race, que terá lugar o vindeiro 25 de maio no parque acuático e na súa contorna.