Sábado. 27.04.2024

“Temos unha débeda cos veciños de San Xoán e cumpriremos coa demanda histórica de dotar dun local veciñal e dun campo de fútbol a este barrio”, dixo o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, despois de informar, o pasado venres 15 de marzo, da aprobación pola Xunta de Goberno Local do expediente de modificación puntual do PXOM aos efectos de posibilitar a construción dun campo de fútbol e dun local social de titularidade municipal nas parcelas indicadas polo servizo de Facenda na zona de San Xoán.

O rexedor puntualizou tamén, durante o anuncio desta modificación puntual do PXOM, que o actual local social quédase pequeno para as numerosas actividades que a entidade, moi activa socialmente, realiza ao longo de todo ano. 

“Estamos a dar o primeiro paso que é a modificación puntual do PXOM para poder levar a cabo estes dous proxectos en dúas parcelas clasificadas como solo urbano non consolidado”, de aí a necesidade da modificación que “está xustificada dado o interese público destas dúas actuacións, e que agora, con este primeiro paso, poderán facerse realidade”.