As obras inicianse catro meses depois da súa adxudicación

Comezan, ao fin, as obras de mellora dos accesos ao campo de fútbol de Melide

Inicio obras mellora acceso campo de fútbol, proxecto do anterior equipo de goberno

Os accesos ao campo de fútbol de Melide, inician as obras logo de estar adxudicadas fai catro meses, que foron licitadas por contrato menor o ser unha obra de menos de 40.000 euros, polo que o procedemento de adxudicación se abrevia, tal como recolle a plataforma de contratación do estado, comenzan a ver a luz, obra xa proxectada polo anterior equipo de goberno.

As obras prevén o relevo do pórtico da entrada, onde se colocará unha porta metálica de tres follas, unha delas fixa e as outras dúas corredizas. Pola de maior dimensión situarase o acceso de vehículos, sendo a outra peonil.

Ademais, cambiarase o tellado do cuarto de instalacións. Instalarase no lugar unha cubrición metálica que chegará sobre o acceso, de forma que se conte cunha área cuberta no exterior. Introduciranse elementos de seguridade no cuarto de instalacións, como luminaria de emerxencia e un extintor.

Os traballos inclúen a ordenación dos pavimentos. Con este obxectivo introducirase unha banda de formigón entre a escaleira e a costa, delimitando claramente a área peonil. Ampliaranse e crearanse zonas axardinadas, eliminando a moqueta de herba artificial.

A intervención tamén servirá para crear unha senda asfaltada ata o vestiario e o terreo de xogo. Por último, incluirá unha serie de pequenas obras de ornamentación como limpezas, recebos ou pintados de elementos como as varandas das ramplas e escaleiras.

Os traballos prolongaranse durante catro meses. Os fondos pertencen ao Plan Único da Deputación da Coruña de 2021.