Venres. 26.04.2024

Os accesos ao campo de fútbol de Melide, inician as obras logo de estar adxudicadas fai catro meses, que foron licitadas por contrato menor o ser unha obra de menos de 40.000 euros, polo que o procedemento de adxudicación se abrevia, tal como recolle a plataforma de contratación do estado, comenzan a ver a luz, obra xa proxectada polo anterior equipo de goberno.

As obras prevén o relevo do pórtico da entrada, onde se colocará unha porta metálica de tres follas, unha delas fixa e as outras dúas corredizas. Pola de maior dimensión situarase o acceso de vehículos, sendo a outra peonil.

Ademais, cambiarase o tellado do cuarto de instalacións. Instalarase no lugar unha cubrición metálica que chegará sobre o acceso, de forma que se conte cunha área cuberta no exterior. Introduciranse elementos de seguridade no cuarto de instalacións, como luminaria de emerxencia e un extintor.

Os traballos inclúen a ordenación dos pavimentos. Con este obxectivo introducirase unha banda de formigón entre a escaleira e a costa, delimitando claramente a área peonil. Ampliaranse e crearanse zonas axardinadas, eliminando a moqueta de herba artificial.

A intervención tamén servirá para crear unha senda asfaltada ata o vestiario e o terreo de xogo. Por último, incluirá unha serie de pequenas obras de ornamentación como limpezas, recebos ou pintados de elementos como as varandas das ramplas e escaleiras.

Os traballos prolongaranse durante catro meses. Os fondos pertencen ao Plan Único da Deputación da Coruña de 2021.