Venres. 26.04.2024

O Concello conxuntamente co Club Ciclista Narón presenteron a primeira edición do BTT Resistencia Cidade de Narón que se desenvolverá o vindeiro 3 de xullo nun percorrido circular de 8 quilómetros polos sendeiros e camiños forestais na parroquia de Pedroso. A inscripción na competición, que limita a participación a 300 ciclistas, remata o 29 de xuño e pódese facer accedendo a esta web, así o explicou na presentación o alcalde naronés, Gillermo Sánchez, que estivo acompañado polo edil de deportes, José Oreona, e cos representantes do CC Narón José Luis Fernández, e Begoña Espina.

O presidente do club ciclista explicou que a proba é un percorrido circular duns 8 quilómetros que ten a saída e a liña de meta no local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, na parroquia do Pedroso, e que comezará a partir das dez da mañá. Este primeiro BTT terá unha duración de tres horas por pistas forestais e sendeiros do Pedroso cunha dificultade media-baixa polo que a participación está aberta a persoas maiores de 16 anos, que terán que realizar o maior número de voltas ao circuíto en 180 minutos.

Os dorsais entregaranse o mesmo día da proba un par de horas antes do inicio, e esta dividirase nas categorías manculina e feminina, parellas masculina e feminina, parellas mixta e e-bike. Tanto o Concello como o Clube Ciclista Narón convidaron a todo o mundo a participar, e amosaron a súa intención de que o vindeiro ano, nunha segunda edición, o BTT Resistencia Cidade de Narón forme parte da Liga Autonómica.