Sábado. 27.04.2024

O Auditorio de Galicia acolleu, o pasado 18 de marzo, a entrega dos Premios Santiago Deporte, que suman a súa sexta edición e que son un recoñecemento ás persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor, ao longo da tempada, contribuíron dun xeito ou doutro ao fomento da práctica deportiva entre a poboación de Compostela.

Nunha gala presidida pola alcaldesa Goretti Sanmartín, a ciclista Iria Nieto e o piloto de rallys Luis Penido foron recoñecidos como os Deportistas do Ano na categoría absoluta. Asemade, Julia Salvado Diéguez, deportista de mushing, montaña e atletismo, e o triatleta Lucas García Picón, foron recoñecidos como Mellores Deportistas na categoría Base (Promesas). Ademais, no apartado de deporte adaptado, o equipo de rugbi inclusivo Tuxeleires, tamén foi recoñecido polo xurado dos premios.

O Mellor Adestrador/a recaeu en Víctor Pérez e Gonzálo Rodríguez, axudantes de Mocho Fernández no Obradoiro, e recoñeuse o labor como árbitra de baloncesto de Chus Blanco. O premio honorífico recibiuno o xogador de squash Borja Golán.

O Club de Natación Cidade de Santiago foi prermiado como Entidade Deportiva máis destacada, mentres que Aspanes, que loita polos dereitos das persoas con autismo e os seus familiares, foi recoñecida como Mellor Entidade Educativa. O Mellor Patrocinio recau na Xoiería Jael e o premio á entidade coa Mellor Actividade ou acción social foi para a Asociación Española contra o Cancro.