Sábado. 27.04.2024

O Concello de Toques vén de anunciar a apertura das inscricións para participar na cuarta edición da Subida San Cidre-Trail Running Curta Distancia e que se disputa o vindeiro domingo 10 de marzo.

Os participantes nas carreiras escolares, cuxa inscrición é de balde, afrontarán diferentes distancias en función da idade. Así, os Sub-8 e os Sub-10 terán que completar un percorrido de 500 metros, nunha proba que terá a súa saída ás 11:00 horas. No grupo dos Sub-12 e Sub-14, que partirán ás 10:50 horas, correrán sobre unha distancia de 900 metros, mentres que os Sub-16 e Sub-18 (10:40 horas) o farán sobre 1,8 km.

A proba para as categorías absoluta, sénior e másters, cuxa inscrición é de 12€ ata o 3 de marzo e de 15€ a partir do 7 de marzo, disputarase nunha distancia de 13 km. As inscricións pódense formalizar nas páxinas web www.toques.gal e en www.carreirasgalegas.com ata o vindeiro 8 de marzo.