Sábado. 27.04.2024

O Squash Club, no Milladoiro, acolleu o Campionato de España absoluto de squash, e no que a galega Marta Domínguez, na categoría feminina, e o catalán Iker Pajares, na masculina acadaron o tíluto Nacional. Ambos deportistas partían como favoritos no campionato, que comezou o venres 9 de febreiro coa disputa da fase previa na que 8 xogadores enfrontáronse aos, tamén oito, cabezas de serie entre os que se atopaban os gañadores.

Domínguez suma así ao seu palmarés o segundo título Nacional absoluto de squash tras superar na final a Pilar Etchechoury (3-0). A terceira praza foi para a tamén galega Icía Rivero. Pajares, pola súa banda, venceu na final ao tamén catalán Bernat Jaume (3-1), e completou o podio Iván Pérez.

O alcalde de Ames Blas García, que asistiu ás finais e á entrega de premios dixo que era “un pracer contar cun evento deste nivel en Ames”, agradeceu o convite para asistir á final e “comprobar a beleza e dureza deste deporte que será olímpico no 2028”, e parabenizou aos participantes “e como non aos gañadores”.