Xoves. 18.04.2024

O Concello de Mugardos vén de anunciar a apertura do prazo de inscripción no curso de vela de verán que se desenvolverá entre o 25 e o 29 de xullo. Unha iniciativa, que como explicou a concelleira de Deportes Begoña Roldós na presentación, está dirixida a nenos de 9 a 18 anos, e que forma parte da Campaña de Vela da Deputación da Coruña

O curso, cunha duración de cinco días, distribuirase en dous grupos, un de mañá (De 10.00 a 14.00 horas) e outro de tarde (De 16.00 a 20.00 horas, e os rapaces recibirán clases teóricas e prácticas de iniciación á vela, ademais de sair a navegar. 

O prazo de inscripción remata o día 7 de xullo, e as persoas interesadas deberán solicitar a folla de inscripción ou ben descargala da web do Concello, e entregala debidamente cuberta firmada pola nai, pai ou titor do solicitante xunto co certificado en empadroamento, fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A cota de inscripción é de 25 euros e é imprescindible que os nenos sepan nadar. A adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo, e elixidos deberán entregar ademais a copia de pagamento da inscripción.

O Concello de Mugardos conta cunhas instalacións completas para este curso de vela, ao contar con propio peirao cunha instalación deportiva concesionada ao Club do Mar de Mugardos de remo, ademais de dispoñer de todos os recursos loxísticos necesarios para o desenvolvemento de cursos de vela e windsurf. E, na ría, explicou a concelleira, existe unha zona navegable na ensenada da Redonda entre a Punta do Ratón e a Punta Redonda que libra da zona de navegación de otro tipo de embarcaciones.