Martes. 30.04.2024

Preto de 11.800 fogares e empresas de Melide dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH), cos servizos máis avanzados de telecomunicacións e a tecnoloxía máis rápida do mercado. Recentemente, máis de 1.400 inmobles dos núcleos melidenses do Barreiro, Melide e Vitiriz incorporaron dita tecnoloxía grazas ao acordo do operador R co grosista de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Así, a poboación destas zonas dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos, unha cobertura óptima nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.

Dito acordo de R con Rede Aberta forma parte do proxecto para levar a alta velocidade a 450.000 inmobles nos núcleos rurais duns 170 municipios do territorio galego. Así, ambas empresas contribúen a reducir a fenda dixital, facilitando o teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming ou gaming no rural.

foguete mambo Axiña
foguete mambo Axiña

Non obstante, nas zonas de Melide onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chegue a fibra óptica, as aldeas poden beneficiarse do Internet rural de R con 5G, con alta velocidade de ata 150 megas e wifi 6.

Finalmente, a empresa operadora lembra que a tecnoloxía ADSL ofrece menos ancho de banda, sofre máis avarías coas adversidades meteorolóxicas e xa está obsoleta, polo que a fibra óptica FTTH e o Internet rural son alternativas idóneas, sobre todo para as aldeas.