Sábado. 27.07.2024

R leva 25 anos despregando fibra no territorio para dotar Galicia das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situala á vangarda europea, en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel. Alfredo Ramos, director de R, explica nesta entrevista como o operador galego está a levar a fibra óptica máis rápida do mercado a vivendas e negocios de Melide e de toda Galicia, e de que xeito aumentou a cifra de inmobles conectados á rede de R grazas ao seu acordo co provedor autóctono Rede Aberta. Fala tamén do 5G de internet rural de R como complemento para lle dar cobertura ás zonas do municipio melidense de orografía máis complexa.

Podemos dicir que con R os fogares e empresas de Melide quedan preparados/as para a nova era dixital?

Melide xa forma parte dos concellos galegos dotados coas mellores infraestruturas de telecomunicacións do mercado. A maiores da fibra que R leva tempo despregando en territorio melidense para preparar milleiros de fogares e negocios de cara á era da dixitalización, no último mes R aumentou en máis de 1.400 o número de inmobles melidenses conectados á súa rede de fibra ultrarrápida FTTH (ata o fogar) grazas ao acordo asinado co grosista galego de fibra óptica Rede Aberta. En concreto nos núcleos de Melide, O Barreiro e Vitiriz, xa poden gozar dos servizos de telecomunicacións máis innovadores e de posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional. Falamos dunha tecnoloxía idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. con catro veces máis capacidade de descarga e ata oito veces máis de suba que solucións anteriores.

E nas zonas onde non se pode chegar coa fibra óptica?

Nas zonas de Melide onde, por cuestións orográficas ou de dispersión poboacional non chega a fibra, existe a opción de ‘internet rural’ de R con 5G, que nós comercializamos como mambo Axiña. Esta proposta permítelles a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 600 megas cun router 5G e wifi 6, sistema que facilita conectar moitos dispositivos á vez cunha boísima experiencia de uso. Un total de 224 concellos galegos, incluído Melide, dispoñen xa da solución ‘internet rural’ de R, que lles permite aos seus habitantes navegar a altas velocidades como o poden facer en 1,7 millóns de fogares cubertos por R coa súa fibra óptica FTTH de última xeración. 

Como avalía a evolución da fenda dixital en Galicia duns anos a esta parte?

Hai que seguir traballando pero temos un bo treito percorrido para minorar esa fenda. A intención de R é ampliar ao máximo a cobertura de banda ancha en Galicia en todos os recunchos da comunidade. Xusto por iso R e ‘Rede Aberta’ téñense aliñado, na súa arela de lle proporcionar ao rural de Galicia os medios para integrarse no mundo dixital e que a conectividade chegue a zonas impensables ata o de agora. Así, aldeas do rural gozarán dos servizos de R tal e como o fan as capitais de provincia do territorio: un paso máis na redución da quebra dixital entre as dúas contornas. O acordo de R con ‘Rede Aberta’ permitirá cubrir aproximadamente 450.000 inmobles e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a máis recantos de Galicia en núcleos rurais duns 170 municipios do territorio.

E co apagado do ADSL, que ocorrerá nos inmobles do rural que ata o de agora usaban esta tecnoloxía?

Os fogares e negocios de Melide e do resto de Galicia que tiñan conexións ADSL poderán dispor dende agora de banda ancha coa fibra óptica de última xeración de R ou optar pola súa solución de ‘internet rural’ 5G se a fibra non chega á zona, como diciamos. Porque a dispersión xeográfica e a orografía favoreceron hai anos a despregadura do par de cobre para chegar a moitos lugares investindo menos pero o ADSL ficou obsoleto, pois ofrece menos ancho de banda e sofre máis con meteoroloxía adversa.

(**) Máis información mambo Axiña de R en Internet rural 5G ilimitado