Martes. 30.04.2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acudiu á subestación de Santa Mariña para presenciar o remate do desmonte das dúas liñas de alta tensión aéreas que atravesaban os barrios de San Xoán, Santa Icía e Santa Mariña. O rexedor estivo acompañado do director xeral de Industria, Pablo Fernández, e o delegado de UFD en Galicia, Alberto Suárez.

O alcalde ferrolán celebrou o soterramento da liña e a eliminación das torres, “unha demanda histórica dos veciños e veciñas destes barrios”. Así, Rey Varela aplaudiu a “colaboración total” entre a empresa e a administración local para facer realidade esta mellora para a cidadanía e expresou a vontade municipal de seguir executando actuacións similares na cidade departamental.

O Concello de Ferrol desmontou as liñas de alta tensión aéreas sobre os barrios de San...