Éxito da Escola Ayude no Campionato Galega de Loitas Olímpicas
27 de abril de 2021 (11:27 h.)
O Concello de Vila de Cruces acolleu o Campionato Galego de Loitas Olímpicas en categoría junior e escolar ao que acudía a Escola Ayude cun equipo que non deixou a ninguén indiferente.
Miguel Quintela conseguíu dous ouros, un en grecorromana e outro en libre olímpica, Nerea Iglesias fíxose co ouro e Nahum Ayude conseguiu a prata en grecorromana.
Nerea Iglesias e Nahum Ayude acudirán coa selección galega ao Campionato de España junior que se celebrará en Madrid.