Mércores. 24.04.2024
Dalia García pide poñer en valor a ruta de Furelos

O PP de Melide esixe ao Concello valorar as rutas de sendeirismo propias

Rutas senderismo
Rutas senderismo

“O bipartito AM-PSOE parece descoñecer que Melide ten un patrimonio natural envexable, e posúe xa, un roteiro homologado, a Ruta de sendeirismo río Furelos, que transcorre por varias parroquias do rural melidense, con tramos periurbanos” defende a portavoz popular, Dalia García. Con estas declaracións reaccionaba a popular despois de coñecer que o Concello de Melide e o Concello de Toques veñen de chegar a un acordo para unir as sendas de ámbolos dous municipios.

Os populares melidenses consideran favorable “a cooperación municipal ao galo das últimas informacións que transcenderon publicamente sobre os concellos de Melide e Toques, máis unha vez analizado o contido desta xuntanza, dende a formación conservadora consideran que non é incompatible con poñer en valor as propias rutas, así como crear produtos turísticos diferenciados que atraian ao público familiar e poñan en valor o patrimonio”.

O PP de Melide esixe ao Concello valorar as rutas de sendeirismo propias