Xoves. 25.04.2024

A portavoz popular de Melide Dalia García, acompañada pola edila M. Jesús López deu conta na sede dos populares melidenses dos últimos datos relativos á piscina municipal. “900 días sen piscina obrigando aos melidenses a desprazarse a concellos limítrofes se queren facer deporte; 900 días onde os nosos maiores se ven privados de actividades lúdicas e deportivas que outorgaban benestar tanto físico coma mental; 900 días onde os nosos mozos se ven privados de ximnasio, piscina e mesmo da posibilidade de prepararse fisicamente para a busca dun futuro laboral prometedor; 900 días nos que as familias con cativos se ven obrigadas a depender dun medio de transporte co custo engadido para que os seus fillos/as aprendan a nadar” sinalou García.

“Lamentamos que isto ocorra e que 900 días despois daquel 4 de setembro de 2019 os que antes criticaban a instalación non teñan unha solución inmediata para a mesma” sinala Dalia García a par que informa “do estudo dos decretos municipais do último pleno vimos de comprobar que si ven cos gobernos populares a piscina custaballe aos contribuíntes melidenses 200 mil euros ao ano o bipartito de Perez e de Prado pretende unha licitación de 2.220.177,01 euros, un auténtico escándalo e de todo insostible para as arcas municipais”.