Martes. 16.04.2024

O PP de Melide solicitou a Demarcación de Carreteras que “aclare os cambios de sinalización vertical que vén de executar no pintado recente da N-547 en varios puntos que afectan ao Concello melidense”.

Dalia García, a portavoz dos populares sinala “que o PP sigue sendo unha garantía de xestión para os veciños e veciñas de Melide que recorren a nosa formación para demandar información sobre asuntos de xestión diaria que anteriormente se realizaban dende a alcaldía, dando así conta da ineficacia e inaccesibilidade dun bipartito que non se preocupa polas demandas veciñais”.

O PP di que informará da resposta que Demarcación de Carreteras envíe no seu momento, xa que “esta petición foi demandada que se primeiro se explique o cambio e segundo, se estudie a posibilidade de voltar á sinalética inicial xa que en O Rañado non se rexistran accidentes de gran embergadura e o cambio de sinalética implica un grave prexuízo para os particulares que viven ao caron da N-547”. Apunta que “por outra banda, os veciños de Golán que se encontran máis próximos xeográficamente falando ao veciño concello de Arzúa, utilizan a N-547 para acceder á parroquia polo vial secundario na Portela que a pesares de estar limitado a 50 km/h Demarcación eliminou a posibilidade de exercitar este xiro como si o tiña habilitado hai uns meses, o que provoca igualmente prexuízos á hora de acceder á parroquia ou mesmo incorporarse á nacional”.