Sábado. 20.04.2024

A Asociación de Troiteiros Río Furelos vén de solicitar a execución de “maneira forzosa” unha sentenza que obriga ao Concello de Toques a recuperar un camiño de uso público que se coñece como “Camiño da Pena”, tal e como establece un acordo plenario aprobado pola corporación municipal en agosto de 2017.

O colectivo tivo que interpoñer a súa petición por vía xudicial despois de que en numerosas ocasións solicitase o cumprimento do acordo no Pleno.