Venres. 29.03.2024

O Bloque Nacionalista Galego anunciou que o actual Portavoz Municipal da organización nacionalista no Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, será o candidato do BNG ás próximas eleccións municipais. Segundo manifestou o responsable local da organización, Manuel García “toda a Asemblea apostou por Carril para ser o noso candidato. Temos unha organización máis cohesionada ca nunca e Carril sabe que sempre está e estará ao seu carón para traballar e acadar os obxetivos que nos temos fixado”, explicou.