Venres. 26.04.2024

O portavoz municipal do BNG no Concello de Arzúa e candidato do BNG a alcaldía nas vindeiras Eleccións municipais, reclamou ao alcalde a apertura do aparcadoiro situado debaixo do Edificio Multiusos “Terra do Queixo”.

Carril sinalou que “este espazo foi usado durante a pandemia para reubicar algún postos da feira, mais neste momento cando todo está voltando xa, afortundamente, á normalidade, non ten sentido manter este espazo pechado” explicou o voceiro nacionalista. “Varias veces foi preguntado o alcalde no Pleno da corporación porque non abre este aparcadoiro, e non deu nunca unha explicación” sinalou Carril.

Desde o BNG instan ao alcalde a dotar este aparcadoiro dos medios de control de aforo que sexan pertinentes “e que se abra ao público xa, salta á vista que este espazo, ubicado no centro urbano de Arzúa, cercano ao centro médico, farmacias, supermercados etc. é un espazo moi necesario para desconxestionar Arzúa e facilitar a mobilidade de moitas veciñas e veciños que precisan de desprazarse nos seus vehículos para facer múltiples xestións no noso concello” concluíu Carril.