Luns. 06.05.2024

A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu esta semana un novo vertedoiro incontrolado, que previamente os axentes da Policía Local detectaron xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroquia de Covas. Houbo que recoller unha gran cantidade de lixo nas proximidades dos colectores, composto principalmente por restos de poda, mobiliario de terraza e enseres de todo tipo. Dende o Concello de Ames inciden na importancia de coidar o medio ambiente e fan un chamamento ao sentido común e civismo da veciñanza. O lixo foi trasladado ao Punto Limpo, onde se fixo unha separación adecuada, para o seu posterior tratamento.

Dende o Concello de Ames, que está traballando na conservación dos recursos naturais e o mantemento do equilibrio ecolóxico, apélase unha vez máis á colaboración cidadá co fin de evitar que este tipo de condutas incívicas se repitan, e informa a todos os amesáns que abandonar residuos en lugares non autorizados, ademais de contribuír á contaminación ambiental e afear a contorna, poden supoñer sancións económicas que dependendo da gravidade poden ir dende 900 euros ata 9.000 euros.

Esta semana o persoal da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu un novo vertedoiro incontrolado xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroquia de Covas. O vertedoiro foi detectado polos axentes da Policía local despois de recibir unha chamada teléfono advertindo da presencia dunha gran cantidade de lixo no devandito lugar.

INICIO EXPEDIENTE SANCIONADOR 

Os axentes da Policía Local atoparon entre o lixo cartóns con datos persoais, que lle permitiron identificar a dúas persoas. O Concello de Ames iniciará un expediente sancionador para depurar responsabilidades.

O vertedoiro atopado estaba composto por restos de poda, mobiliario de terraza e enseres de todo tipo. O lixo foi trasladado ao Punto Limpo, onde se fixo unha separación adecuada, para o seu posterior tratamento.