Sábado. 27.07.2024

O Concello de Arzúa anunciou a apertura do proceso de licitación para outorgar a concesión do bar-cafetería en Ribadiso, nas parroquia de Rendal. Esta iniciativa busca mellorar os servizos dispoñibles, tanto para os residentes como para os peregrinos que visitan a localidade.

Así pois, trátase dunha concesión para o uso privativo do bar-cafetería, cunha duración de cinco anos, coa posibilidade de prorrogalo anualmente por dous anos adicionais, ata un máximo de 7 anos.

A  licitación seguirá o procedemento aberto simplificado e as ofertas deben ser presentadas de xeito electrónico antes do 31 de maio. No tocante ao criterio de selección, primará a oferta económica máis vantaxosa.

Para poder participar nesta licitación, os interesados deben cumprir con unha serie de requisitos, como ter a capacidade legal para contratar, non estar vetado para o contrato co sector público, cumprir coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social ou acreditar solvencia técnica e económica.

Toda a documentación necesaria, incluíndo os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas, está dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público para a súa consulta.