Sábado. 27.07.2024

O Concello de Ferrol elaborou unha guía de axudas en materia de rehabilitación residencial e vivenda social coa que se busca “orientar ás persoas interesadas en solicitar axudas deste tipo no marco dos fondos europeos de recuperación”, tal e como informou a concelleira de Urbanismo, Blanca García.

A guía recolle varios apartados, entre eles, conceptos básicos sobre eficiencia enerxética, axudas, contías e beneficios fiscais e programas para o financiamento de obras de eficiencia enerxética a nivel de barrio dirixido á Magdalena, Ferrol Vello, A Graña, Esteiro Vello e Recimil.

Así mesmo, esta folla de ruta detalla os pasos a seguir para solicitar orzamentos, axudas e licenzas para levar a cabo as obras de rehabilitación.

A publicación pode consultarse na páxina web do Concello de Ferrol e recollerse en formato físico na oficina de atención cidadá